viernes, 5 de junio de 2015

QUE SE NOS VEN Á CABEZA CANDO PENSAMOS NA VIOLENCIA DE XÉNERO?

violencia de xénero é a exercida dun sexo cara outro. Hai moitos tipos de violencia de xénero, esta non ten por que ser soamente física, senon que moitas veces é psicolóxica é resulta nunha anulación completa da vítima, o que lle impide vivir a súa propia vida nin aspirar a nada. O primeiro que adoitamos pensar cando nos preguntan por este fenómeno é en que a afetada é unha muller, pero non sempre é así. De feito, nun de cada catro casos de violencia de xénero a vítima é un home, pero debido ás concepcións sociais estes non soen denunciar e polo tanto pasan moito máis desapercibidos. 

Se coñeces a alguén que está a ser vítima de violencia de xénero, ou ti mesmo, non dubides en comunicarllo canto antes a alguén que che poda axudar. Non lle debes nada a ninguén, o amor non debería doer. Velaquí unha lista de contactos aos que podes chamar se necesitas axuda.


- Coidados a mulleres xordas- Instituto de Mulleres: 900 152 152
- Team Mulleres EMUME Minor Garda Civil : 91 807 39 00
- Cidade de Emerxencia Social Consello Madrid ( SITADE ): 900 100 333
- Emerxencias e Protección Civil : 112
- Team Mulleres EMUME Minor ( Garda Civil ): 69 79 91 514 4809 Ext .
- Menor Grupo da Policía Nacional (grume ): 91 493 decembro 02/04
- INSALUD : 112
- Samur : 112
- Summa : 112
- Servizo para as Mulleres . SAM (Sede da Policía Nacional Superior): 91 332 35 55-91 322 35 54
- Servizo para as mulleres maltratadas ( 24h SAVD ):           900 222 100
- Teléfono de emerxencia para informar o abuso : 900 100 009
- Unidade de Apoio e Protección á Familia ( UAPF ) ( Policía Municipal ): 900 222 100

viernes, 17 de abril de 2015

ASOCIACIÓN ENRIQUETA OTERO



            A asocición Enriqueta Otero representa un posto de avanzada para as mulleres luguesas en contra a violencia de xénero. Esta asociación toma o seu nome da incansable loitadora antifascista do mesmo nome que naceu en 1910 en Castroverde, Lugo. Despois de moitos anos de guerra, consegue volver a súa vida de mestra e adícase a labores de  dinamización asociativa, feminista e cultural; tanto no seu concello natal como en Lugo.
          Deixámosvos aquí a ligazón a súa páxina web para máis información.
                               

                             ASOCIACIÓN ENRIQUETA OTERO
           

lunes, 16 de marzo de 2015


                                    A ORDE DAS COUSAS


                               O pasado vinte e tres de febreiro tivo lugar unha conferencia no noso instituto sobre a violencia de xénero. Esta conferencia foi patrocinada pola asociación Enriqueta Otero. Amanda Díaz Pena, a psicóloga representante da organización, presentounos unha curta chamada A orde das cousas que conta a historia de Julia e da súa vida, afogada cunha parella abusiva, dende unha perspectiva pouco común para tratar este tema. Na curta a violencia física mantense ó minimo, pero toda ela fai que te poñas completamente no lugar de Julia, experimentando toda a angustia e a impotencia de atoparse atrapado nunha situación de anulación persoal. A presión psicolóxica que sufre a protagonista durante a proxección a mantén completamente a merced dun home maltratador e dominante. A curta denuncia tamén a transmisión de esta práctica de maltrato de xeración en xeración, de pais a fillos, xa que pon en manifiesto a sociedade machista que vimos arrastrando dende o tempo dos nosos avós e contra a que estamos a loitar hoxe en dia. O vídeo que vos deixamos a continuación supón un paso a diante no intento de cambiala.

                           

jueves, 12 de marzo de 2015

BENVIDOS:

    Con este blog buscamos achegar un pouco o galego á xente con pequenas cousas que nos parecen de interese. Esperamos que vos guste. Disfrutádeo.